Cargando resultados...
Sae ileso do incendio da casa abandonada en que durmía en Sanxenxo
O incendio puido ser intencionado

G24.gal
30/05/2025 20:26
Unha casa abandonada ardeu na tarde este venres no municipio pontevedrés de Sanxenxo. O suceso non provocou feridos.
Segundo informou o Consistorio, a intervención tivo lugar ás 19,44 horas e no inmoble, abandonado, durmía un mozo que non resultou ferido.
Ao lugar acudiu a Policía Local, a Garda Civil e o servizo de Emerxencias de Sanxenxo. O lume xa foi sufocado e a situación está controlada. Non hai feridos.
As primeiras hipóteses sinalan que o incendio puido ser provocado.