Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida unha muller nun incendio que calcinou por completo unha vivenda en Pontevedra

Ferida unha muller nun incendio que calcinou por completo unha vivenda en Pontevedra

A muller conseguiu saír ao exterior saltando desde o primeiro piso coa axuda dunha manta

Foi trasladada ao Hospital Montecelo tras inhalar fume e sufrir queimaduras 

Testemuñas do incendio alertaron os servizos de emerxencia
G24.gal 27/05/2025 22:00

Unha muller quedou ferida no transcurso dun incendio que se rexistrou nunha vivenda de tres plantas situada en Pontevedra.

O lume declarouse sobre as tres e cuarto da tarde no lugar de Casas Novas, na parroquia pontevedresa de Mourente, segundo informou o 112 Galicia.

Testemuñas do incendio alertaron aos servizos de emerxencia para advertir que no interior da vivenda había, polo menos, unha muller que logrou saír ao exterior saltando desde o primeiro piso coa axuda dunha manta.

Os bombeiros de Pontevedra acudiron ao lugar e traballaron na extinción do lume, que acabou calcinando por completo a vivenda.

Persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tras atender as feridas da muller, optou por trasladar á inquilina da vivenda ao hospital para ser sometida a un recoñecemento. Neste operativo participaron tamén axentes da Policía Local de Pontevedra e da Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade