Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un auxiliar forestal durante os traballos de extinción do incendio de Tarragona

Falece un auxiliar forestal durante os traballos de extinción do incendio de Tarragona

O operario caeu por un desnivel mentres consolidaba o perímetro

A Generalitat abriu unha investigación para esclarecer as causas

Lorena Sopêna / Europa Press Lorena Sopêna / Europa Press
G24.gal 10/07/2025 18:39 Última actualización 10/07/2025 18:50

Un auxiliar forestal do Equipo de Prevención Activa Forestal (EPAF) dos Bombers da Generalitat morreu este xoves mentres participaba nos traballos de extinción do incendio de Paüls, en Tarragona.

O accidente mortal ocorreu ás 14:17 horas, cando o operario traballaba con ferramentas manuais para consolidar o perímetro nunha zona escarpada do flanco dereito do incendio, entre Paüls e Alfara de Carles, e caeu por un desnivel por causas que se investigan.

Os compañeiros do EPAF prestáronlle auxilio no lugar ata que foi evacuado nun helicóptero de rescate a un centro hospitalario, onde se certificou a súa morte.

Ao lugar dos feitos tamén se dirixiu un helicóptero do Grup d'Actuacions Especials (GRAE) do corpo con outro médico do SEM por se fixera falta extraer membros do operativo en condicións difíciles.

Os EPAF son operarios que prestan servizo ao Grup d'Actuacions Forestals (Graf) nos incendios, e encárganse de abrir vexetación, preparar espazos para facer a extinción e traballar sobre chan queimado para arrefrialo.

A Direcció General de Prevenció, Extinció d'Incendis i Salvaments (DGPEIS) abriu unha investigación para determinar as circunstancias e as causas dos feitos.

Esta é a terceira vítima mortal a causa dun incendio en Cataluña este 2025, despois de que a semana pasada faleceran dúas persoas en Lleida polo incendio de Torrefeta i Florejacs (Lleida).

O incendio, que comezou o pasado luns, estaba este mediodía a poucas horas de poder darse por controlado, despois de estabilizarse onte tras afectar 3.321 hectáreas, das cales 1.125 situadas no parque natural dos Ports.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade