Arde parte dunha casa no barrio de Covadonga, en Ourense
O lume extinguiuse sen que fose máis aló do recibidor
Por outra banda, fontes da Consellería do Medio Rural informan de dous conatos de incendio forestal nos municipios de Cea e Muíños

Un incendio urbano afecta á entrada dunha casa no barrio de Covadonga, no municipio de Ourense, este mércores á tarde.
Segundo informan os Bombeiros de Ourense, recibiron a alerta sobre as 14:45 horas na rúa Gumersindo Buján, número 16. O lume extinguiuse sen que fose máis aló do recibidor.
Por outra banda, fontes da Consellería do Medio Rural informan de dous conatos de incendio forestal nos municipios ourensáns de Cea e Muíños.
Por unha banda, en Cea, parroquia de Castrelo, declarouse un ás 17:13, controlado desde as 18:19 horas deste mércores. A superficie queimada é de media hectárea. Desprazáronse, entre outros, dous avións, un helicóptero e dúas motobombas.
En Muíños, parroquia de Barxés, o incendio forestal comezou ás 15:43 horas, está extinguido desde as 18:38 horas. A superficie afectada é de menos de 0,3 hectáreas. Participaron un helicóptero, tres motobombas, tres brigadas e tres axentes.