Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queda libre, pero sen carné, o condutor implicado no accidente mortal de Muíños

Queda libre, pero sen carné, o condutor implicado no accidente mortal de Muíños

O condutor deu positivo na proba de alcoholemia

O marido da falecida, que se desprazou ata o lugar tras o sinistro, acabou falecendo tamén tras sufrir unha indisposición

G24.gal 04/12/2025 01:58 Última actualización 04/12/2025 19:27

Sae en liberdade o condutor que colidiu en Muíños contra unha muller de 51 anos. Iso si, retiráronlle o carné de conducir.

O home, de 40 anos e veciño de Calvos de Randín, está investigado como responsable do sinistro por invasión do carril contrario. 

Acúsano dun delito de homicidio por imprudencia grave e outro por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

A muller coa que chocou faleceu no accidente. O marido da vítima morreu tamén por unha indisposición despois de achegarse ata o lugar do sinistro.

O sinistro ocorreu este mércores pouco despois das dez da noite na estrada OU-1205 de Porqueirós

Ata o lugar acudiron as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muíños e a Garda Civil de Tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade