Un condutor que superaba oito veces a taxa de alcol bate cun tractor e atropela unha muller en Cuntis
Un condutor que superaba oito veces a taxa de alcol bate cun tractor e atropela unha muller en Cuntis
O autor do atropelo mostrouse agresivo tras o suceso, segundo relatan as testemuñas
O accidente produciuse no lugar da Anllada, nun treito recto da Nacional 640, limitado a 50. A condutora do tractor regresaba á casa co remolque cargado de herba.
Segundo relata, ía indicando o xiro á esquerda pero aínda non iniciara a manobra cando a golpeou o coche. O vehículo bateu despois coa casa e levou por diante a muller que estaba na beirarrúa. Volvía dunha excursión e acababa de baixar do autobús.
Os primeiros en acudir foron os donos da casa e o alcalde de Cuntis que circulaba pola zona. A muller tivo que ser trasladada ao hospital en estado grave.
Segundo as testemuñas o condutor do coche, un ex-xogador de Terceira División, presentaba síntomas de embriaguez e mesmo se mostrou agresivo inicialmente. Deu unha taxa de alcol oito veces superior á permitida.
O accidente reavivou as queixas dos veciños da zona pola perigosidade deste treito, xa que os coches non respectan o límite de velocidade e non hai pasos de peóns.