Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas resultan feridas nun choque frontal entre dous vehículos en Tomiño

Dúas persoas resultan feridas nun choque frontal entre dous vehículos en Tomiño

O forte impacto desprazou un dos turismos fóra da estrada e acabou nunha leira

G24.gal 02/03/2026 10:30

Dúas persoas quedaron feridas a primeira hora desta mañá nun accidente de tráfico en Tomiño. Chocaron frontalmente dous vehículos, despois de que un dos coches invadira o carril contrario, por causas que se descoñecen.

Segundo fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron no punto quilométrico 1 da PO-344. Foi un particular o que alertou do suceso, explicando que os feridos estaban liberados e accesibles. Por iso, deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e aos Servizos de Mantemento da vía.

O forte impacto desprazou un dos turismos fóra da estrada e acabou nunha leira. Os feridos son os dous condutores. Un é veciño de Tomiño e outro, de Gondomar. Foron trasladados en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade