Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home morre atropelado no polígono do Tambre, en Santiago

Un home morre atropelado no polígono do Tambre, en Santiago

O accidente ocorreu arredor das cinco e media da tarde deste xoves

G24.gal 26/02/2026 18:57 Última actualización 26/02/2026 19:55

Un home morreu atropelado este xoves nun accidente ocorrido no polígono do Tambre, en Santiago.

O sinistro ocorreu arredor das cinco e media da tarde na Vía Edison.

Ata o lugar acudiron os bombeiros de Santiago, efectivos de Protección Civil e da Policía Local.

O persoal sanitario desprazado á zona só puido certificar o falecemento.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade