Cargando resultados...
Un choque entre dous vehículos deixa un morto e un ferido en Taboada
O accidente produciuse na N-540 en Moreda pasadas as 20.00 horas
G24.gal
25/02/2026 21:14
Última actualización 25/02/2026 22:49
Unha persoa faleceu este mércores e outra resultou ferida nunha colisión frontal entre dous vehículos no quilómetro 41 da N-540, no municipio lucense de Taboada.
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse en Moreda pasadas as 20.00 horas e os alertadores advertían de que unha das persoas implicadas non respondía a estímulos.
Deste xeito, solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Gardia Civil de Tráfico, GES de Monterroso e voluntarios de Protección Civil de Taboada, así como dos operarios de conservación da estrada.