Cargando resultados...
Na escola habaneira de Santaballa, en Vilalba, consérvanse documentos da emigración de máis dun século
Na escola habaneira de Santaballa, en Vilalba, consérvanse documentos da emigración de máis dun século
Levantouse coas doazóns que fixeron os veciños que emigraron a Cuba e estivo en activo como centro educativo desde 1916 aos anos oitenta
G24.gal
25/02/2026 20:53
Por esta esta escola pasaron moitas xeracións de Vilalba. Levantouse cos cartos enviados desde Cuba polos que se foron en busca dunha vida mellor.
Estivo en activo desde 1916 ata os anos 80. Conserva materiais e mobles de máis dun século de historia. Foi un centro moi avanzado, mesmo procuraba o ensino en galego.
Hoxe atesora o espíritu dos que emigraron para levar o progreso a Galicia.