Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gadisa incorpora 27 descendentes de emigrantes galegos ao seu cadro de persoal

Gadisa incorpora 27 descendentes de emigrantes galegos ao seu cadro de persoal

O Día Internacional do Migrante, 18 de decembro, recoñece a contribución destas persoas á nosa sociedade

Orlando e Yuleydis e acaban de chegar de Cuba despois de superar o proceso de selección en orixe do Programa Retorna Cualifica Emprego da Xunta

G24.gal 19/12/2025 11:56

Orlando de 52 anos graduouse en Cuba en elaboración e hixiene dos alimentos. E foi un dos seleccionados polo Programa Galicia Cualifica Retorna.

"Fixéronme entrevistas de traballo nunha feira de emprego e escolléronme nunha primeira entrevista. Pagáronme o billete e tiven unha axuda económica para instalarme aquí. Eu viña preparado para algo peor, pensando en todo o que pasan os que emigran aos Estados Unidos. Pero para min non foi difícil", conta Orlando Canel. 

Orlando quería cumprir a promesa que lle fixo a seu pai de retornar a Galicia. E foi a súa muller a que soubo do programa.

"Tiñas que facer unha solicitude e enviar todos os datos, demostrar que es descendente de galegos. Se es aceptado pasas á segunda etapa que é unha entrevista de traballo en liña", explicou Yuleydis Arias. 

Hoxe forman parte dos 27 profesionais procedentes de Cuba, O Uruguai, A Arxentina e O Brasil que se integraron no cadro de persoal de Gadisa.

"Eu en Cuba traballei nun banco e tiña experiencia na caixa, pero non estaba familiarizada co euro e para min foi un desafío".

Teñen a súa filla escolarizada e só unha dificultade por resolver.

"Teño que vir en bicicleta, co que chove aquí, porque non aceptan o meu carné de conducir, de 30 anos de experiencia. É o único. O demais foi todo perfecto", lamentou Orlando.

No último período de 12 meses computado Galicia recibiu máis de 20.000 persoas. De non ser por eles, o noso país perdería nese período máis de 6.000 habitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade