Cargando resultados...
Decomisan na Guarda 200 cacharros para pesca ilegal do polbo e 57 exemplares de pouco tamaño
Os individuos capturados foron devoltos ao mar
Gardacostas de Galicia
G24.gal
02/04/2026 17:47
Un operativo de Gardacostas na Guarda comisou 200 cacharros para a pesca ilegal do polbo e incautouse de 57 exemplares inferiores a 100 gramos.
O organismo adscrito á Consellería do Mar informou da incautación a través dunha mensaxe en redes sociais, onde comunicou que os individuos capturados foron devoltos ao mar.
Este operativo súmase a outros realizados recentemente no marco da loita contra o furtivismo.
O sábado pasado, 28 de marzo, tamén na Guarda, Gardacostas comisou 480 cacharros ilegais, 155 nasas sen identificar, 84 quilogramos de polbo (55 de talla ilegal) e 5 de faneca.