Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan o tripulante dun veleiro que encallou en Marín

Evacúan o tripulante dun veleiro que encallou en Marín

O veleiro levaba un único tripulante, que foi evacuado ata o porto de Combarro, sen presentar lesións

Buque Sebastián de Ocampo . Imaxe cedida por Gardacostas de Galicia Buque Sebastián de Ocampo . Imaxe cedida por Gardacostas de Galicia
G24.gal 15/08/2026 19:58

As embarcación da Garda Civil 'Cabo de Gata' e o buque Sebastián de Ocampo interviron na tarde deste venres no rescate do tripulante dun veleiro que encallara na localidade pontevedresa de Marín.

En concreto, os axentes recibiron a información de que un veleiro con matrícula portuguesa quedara entre as rocas nunha zona comprendida entre as praias de Portocelo e Mogor, en Marín. Todo apunta, segundo a Garda Civil, a que o incidente se produciu por unha avaría no motor.

A auxiliar de gardacostas, rescatou ao tripulante dun veleiro portugués encallado entre as praias de Mogor e Portocelo, na ría de Pontevedra.

O veleiro levaba un único tripulante, que foi evacuado ata o porto de Combarro, sen presentar lesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade