Cargando resultados...
Remolcan ata A Coruña un veleiro que se atopaba á deriva a 8 millas ao norte de Baldaio
Estaba á deriva por fallo un mecánico e falta de vento
Salvamento Marítimo
G24.gal
22/09/2026 10:41
Un veleiro tivo que ser remolcado este luns á primeira hora da noite ata o porto da Coruña, despois de verse á deriva na zona de Baldaio.
Concretamente, tal e como informou Salvamento Marítimo, a Salvamar Betelgeuse foi a encargada de remolcar o veleiro, situado á deriva a unhas oito millas ao norte de Baldaio, no municipio coruñés de Carballo.
Estaba á deriva por fallo un mecánico e falta de vento, e a Salvamar acudiu no seu auxilio para remolcalo a porto.