Galicia consolídase como destino turístico na Semana Santa cunha alta ocupación hoteleira
A maioría dos visitantes chegan desde Madrid, Barcelona, Asturias ou Castela e León
Tamén hai moito turismo procedente do interior de Galicia
Tanto na Coruña capital, onde hoteis como o Meliá María Pita está ao 85 %, como en vilas costeiras como Miño, onde están ao cento por cento no Xoves e Venres Santo. Son moitos os que estes días veñen ás Rías Altas máis aló de Ferrol, epicentro das celebracións da Semana Santa, que rebosa visitantes. Son turistas chegados doutras partes de Galicia e do resto de España, que buscan tranquilidade e gozar da comida.
"Natureza, boa comida, praias... aquí todo é unha marabilla", contounos unha turista madrileña. "Encantoume o peixe á prancha", confesaba unha visitante chegada das Canarias. "Había tempo que non nos achegabamos a Galicia e decidimos aproveitar", salientaba un asturiano.
Ceos cubertos e temperaturas frescas. Pero tempo seco que non impide ningún plan.
"O tempo está ben así, sabemos o que hai, estamos afeitos", recoñecía un mozo madrileño.
Son as Rías Altas. A Galicia do norte. A outra Galicia.