Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha Semana Santa moi caseira: a maioría non viaxa, e os que o fan recortan gastos

Unha Semana Santa moi caseira: a maioría non viaxa, e os que o fan recortan gastos

Sete de cada dez españois quedarán na casa estas vacacións, segundo un estudo de AECOC

Predominan os plans de proximidade e a visita a segundas residencias

G24.gal 02/04/2026 14:42

Sete de cada dez españois van quedar na casa nunha das Semanas Santas menos viaxeiras dos últimos anos.

"Está todo moi caro, quedo na casa coa familia"

"En Semana Santa os billetes de avión están imposibles"

"Igual noutras datas viaxo, agora está todo carísimo"

Os que collen a maleta, fano para estancias curtas e en destinos nacionais.

"Fun a Sevilla e Málaga, e o resto dos días aquí en Santiago estudando"

A maioría alega motivos económicos para conter o gasto en viaxes.

"Vou a Mallorca co Imserso porque sae ben e mercamos os billetes hai meses, se non..."

Que non marchen lonxe non significa que non teñan plans. Case a metade aposta por desprazarse a segundas residencias ou por facer pequenas excursións aproveitando que o tempo axuda.

"Vou a Nigrán á praia coas miñas primas"

"Podes ir á praia, á aldea, ou gozar da cidade, todos son moi bos plans"

"Mellor que aquí non se está en ningún outro sitio"

Preto ou lonxe do fogar, o importante e gozar das vacacións e descansar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade