Publicador de contidos

Publicador de contidos

250 condutores multados nun mes nunha rúa de Ribadeo

250 condutores multados nun mes nunha rúa de Ribadeo

Unha cámara rexistra agora as matrículas dos vehículos que circulan por unha vía peonil no centro da vila

O dispositivo, instalado na avenida Rosalía de Castro, capta as infraccións realizadas polos condutores
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 19/05/2026 13:58

A cámara instalada na céntrica avenida Rosalía de Castro, en Ribadeo, rexistra unha media de oito infraccións cada día. Ao cabo do primeiro mes en funcionamento, isto supuxo máis de 250 multas de 200 euros por circular pola rúa Ramón González, unha das máis comerciais da vila.

"Estase a detectar que a cidadanía non somos os máis coidadosos cumpridores coa normativa. É normal despois de moito tempo sen vixilancia nesta rúa que haxa agora máis multas, pero hai que entender que é o traballo da Policía Local garantir o bo uso das vías públicas. Máis nestas rúas pensadas para os viandantes e para contribuir á actividade comercial, que para nós é moi importante", sinala Jesús Pérez Prada, xerente da asociación de comerciantes ACISA de Ribadeo. 

De non ser residente, para poder circular por esta rúa peonil cómpre solicitarlle unha autorización ao Concello. E, en calquera caso, os condutores dispoñen de varios aparcadoiros a escasos metros.

"A verdade é que hai bastantes alternativas. Esta é unha rúa principal, pero iso non implica que haxa que pasar por ela necesariamente. Temos un aparcadoiro de moita capacidade a escasos 50 metros, e ao centro da vila chégase por unha vía paralela en dous minutos. É sermos demasiado cómodos querer pasar por esta rúa sempre", engade o voceiro dos comerciantes. 

Doutra banda, os mesmos dispositivos de vixilancia tamén serviron para detectar e multar varias persoas que non recolleron as deposicións das súas mascotas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade