Multada por deixar o coche en medio da rúa para ir de compras en Pontevedra, bloqueando o paso dunha ambulancia
Multada por deixar o coche en medio da rúa para ir de compras en Pontevedra, bloqueando o paso dunha ambulancia
As imaxes captadas polos asombrados viandantes e as cámaras de tráfico permitiron a Policía Local localizar e identificar a condutora
Unha condutora foi gravada no centro de Pontevedra por numerosos viandantes que colgaron as imaxes nas redes sociais, onde se fixeron virais. Nelas vese como unha ambulancia tivo que subir á beirarrúa para poder pasar e prestar a asistencia correspondente. O motivo, que a muller deixara o coche aparcado no medio da calzada.
As persoas que presenciaron o suceso aínda se sorprenderon máis cando viron a condutora saír dunha tenda cunhas bolsas na man.
Estas gravacións e as cámaras de tráfico permitiron aos axentes da Policía Local localizar e identificar a condutora. A muller foi denunciada por infracción grave, ademais a policía solicitou un incremento dun 30 por cento da multa dada a gravidade da conduta.