Publicador de contidos

Publicador de contidos

As coleccións por fascículos volven a un lugar preferente nos escaparates de librarías e quioscos

As coleccións por fascículos volven a un lugar preferente nos escaparates de librarías e quioscos

Setembro é o mes que ofrece máis alternativas para afeccionados os coleccionables

G24.gal 15/09/2026 20:50

En setembro, as coleccións por entregas volven ocupar un espazo preferente nos escaparates de quioscos e librarías. Todo un reclamo para quen ten unha determinada afección.

Dinnos que abundan as coleccións de libros. Desde novela romántica ata de grandes series ou de clásicos como Pérez Galdós, entroutros.

"Hai tamén cómics, a colección de Edward Hamer que tamén sempre ten os seus seguidores, para os nenos pequenos os audiocontos", enumera María José González da Libraría Luar.

Diversidade de temas para chegar ao maior público posible desde a primeira entrega.

"Dáselle moita publicidade nas redes, na televisión. Amais traen cartóns moi vistosos e, sobre todo, é o prezo", engade a responsable da libraría Luar.  

E a fórmula funciona:

"É como unha venda a prazos que non tes que financiar. Entón supoño que cando queres construír un coche ou queres ter unha colección de libros e de repente tes que pagar todos os cartos xuntos non te decides, pero cando cho "financian" por dicilo así  por fascículos semanais ou quincenais é máis doado". 

O obxectivo é completar a colección, mais non sempre se consegue:

"Claro, compras un e van subindo o prezo e entón non puiden coleccionalos todos, só puiden coleccionar máis ou menos sete, pero eran moitos máis", cóntanos unha coleccionista de coches en miniatura.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar