Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoguetes, música e cine en Retromanía

Xoguetes, música e cine en Retromanía

Retromanía, a feira que abre portas á nostalxia

Área Central de Santiago acolle ata o sábado un evento para amantes do coleccionismo de xoguetes, música e cine
 

Cun prezo de 150 euros, as Nancy son un dos maiores tesouros para os coleccionistas de xoguetes
G24.gal 13/11/2025 15:02

Hai que peitear canas para lembrarse destes anuncios que mantiñan co nariz pegado ao televisor toda a cativada sempre cando chegaba o Nadal, porque daquela era case a única oportunidade de que entraba un xoguete novo na casa. Agardabas por el todo o ano.

 "Os patíns, a bicicleta, o Scalextric, ben o Scalextric era a xoia da coroa para Reis".

"Os cochiños que xogabamos polo chan".

"O primeiro Playmobil, o camión de construción cos obreiros, marcoume, a verdade que si porque xogaba moitísimo con el", comentan varias persoas que visitaron a feira.

E todos estes recordos afloraron esta mañá en Retromanía, a nova feira que Área Central organizou para os amantes do coleccionismo de xoguetes, películas e música en formatos que, xa de por si, convidan á nostalxia.

 "Que bonitas, por Deus, cos seus traxes, encántame, eu estou encantada, volvo á nenez, cando cheguei aquí volvín á nenez".

"A verdade que está moi guai volver un pouquiño recordar todo isto sabes e que fagan este tipo de eventos é coma se te desprazaras un pouquiño á túa infancia a eses recordos que parece que están moi lonxes pero están aí ao lado"

"É nostalxia, é volver á túa nenez á xente gústalle e logo hai moita xente que pois eu non a puiden ter cando era pequena porque na miña casa non se podía, e agora cómproa porque quero sacar esa espiña non?", conta Genma Iglesias, coleccionista e vendedora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade