Recibimos a Eloy Domínguez Serén, director de 'Tralovento'
'Tralovento' fai a súa estrea galega en Cineuropa
Melania Cruz foi recoñecida co Premio á Mellor actriz polo seu papel en 'Tralovento' no Festival de Cine de Sevilla
O filme, situado no sur da provincia de Ourense, está rodado nunha variante dialectal da fronteira con Zamora e Portugal
'Tralovento' pasou polos festivais de Morelia e de Sevilla e agora chega a Cineuropa, en Compostela
A identidade, os vínculos é o gran tema de 'Tralovento' que transcorre nun pequeno lugar, podería ser calquera da Galicia rural, de montaña. Pouca xente, poucas oportunidades para vivir con dignidade. O lugar ten a súa propia historia que contar na película e na vida real.
Cando Ana chega, os veciños están enfrontados pola posibilidades da instalación dun parque eólico nas súas terras. Este tamén é un tema de debate: manternos no que somos con menos medios, ou encher os montes de muíños que prometen traer cartos.