Cargando resultados...
O "museo" de Nancy en Galicia está en Gondomar
Marga Fernández, veciña de Gondomar, ten unha colección de Nancy con 341 bonecas e case 700 conxuntos
Organiza un encontro nacional de seguidores de Nancy en Vigo para o 28 de novembro
G24.gal
23/09/2026 14:42
Foi a boneca estrela dos 70 e dos 80. A Nancy, un dos mellores recordos desas xeracións, é hoxe todo un tesouro para coleccionistas que buscan facerse cos modelos máis icónicos e cos seus complementos.
En Gondomar vive Marga, xunto coas súas 341 Nancys, case 700 traxes e innumerables complementos custodiados nun cuarto que ben podería converterse no museo galego da popular boneca de Famosa.