Unhas 400.000 persoas visitaron Ferrol en Semana Santa
O bo tempo e os meses de preparación facían presaxiar unhas boas cifras, pero a Semana Santa de Ferrol acabou por superar todas as expectativas
No Concello falan xa dun salto cualitativo no impacto económico na comarca e na imaxe de Ferrol
Ferrol bateu marcas de visitantes na Semana Santa. No Concello falan do impacto económico: calculan, 50 millóns de euros mobilizados pola hostalería da comarca.
"Estamos a falar que desde o venres de Dores ata o luns de Chamarro pasaron por Ferrol unhas 400.000 persoas", declarou José Manuel Rey Varela, o alcalde de Ferrol.
Ven a Semana Santa como unha oportunidade para dar a coñecer o patrimonio urbano da cidade e a riqueza natural da comarca, e resaltan as visitas a museos, o castelo de San Filipe ou a Festa do Marisco, pola que pasaron 20.000 persoas. Na hostalería, a ocupación foi do 100 %.
"O balance é tan positivo que a algúns locais colleunos desprevenidos e esgotaron existencias. E as cifras dan conta do traballo de acollida que levamos facendo desde hai anos", descatou Emilio Vázquez, o presidente da asociación de Empresarios de Hoslatería de Ferrol e Comarca.
Descatan tamén o interese que esperta esta festividade a nivel internacional. Unha celebración que busca seguir medrando.
"Medrou moito o número de confrades e iso nótase na rúa e ademais a posta en escea penso que foi rigorosa e seria", explicou Fernando Iguacel, o presidente da Xunta de Confrarías.
Explicaron que, de aquí en diante, a cidade debe preparse para dar resposta ao salto cualitativo que deron este ano.