Galicia é líder mundial na produción de lousa
Alfonso Rueda destaca o seu potencial para fixar poboación no rural e di que é un activo que hai que potenciar
O sector xera en Galicia 14.000 empregos
Máis do 60 % da lousa que se produce en España sae de Galicia, sobre todo da comarca do Valdeorras e de Quiroga. Son empresas familiares que aplican a receita do éxito.
"A lousa forma parte dunha longa tradición vencellada aos materiais naturais, á arquitectura e á construción. É un elemento nobre e un emblema da nosa terra", di o presidente do Clúster da Pizarra, Eliseo López.
Na entrega dos Premios Pioneiros da Pizarra, Alfonso Rueda dixo que a lousa é un activo que hai que potenciar.
"Se queremos dicirlle ao mundo que a pizarra é un elemento fantástico para a construción o mellor que podemos facer é usar a lousa na construción polo menos na que sexa pública", asegura o presidente da Xunta.
O sector xera en Galicia dous mil empregos directos e outros 12.000 indirectos.