Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un exdirectivo de Inditex desvela os segredos da xestión empresarial a un grupo de alumnos de secundaria

Un exdirectivo de Inditex desvela os segredos da xestión empresarial a un grupo de alumnos de secundaria

Agora é profesor de matemáticas e economía nun instituto de Ferrol, onde creou un mercado para ensinar conceptos de contabilidade e mercadotecnia

G24.gal 24/11/2026 14:23

Este mercado escolar de segunda man ía abrir o 1 de decembro. O profesor de Economía do instituto, foi director de Xestión Comercial nunha das marcas do grupo Inditex e ao falarlle ao alumnado de reutilización e sostibilidade propúxolles crear o mercado: foi o  venres, e o luns xa estaban fervendo os provedores, os rexistros, as contas.

 "Temos diferentes equipos, elaboramos unha páxina web, imos colgar estes produtos en Vinted e Wallapop, e no departamento de seguridade puxemos os máis 'malotes' da aula. Manexan xa con soltura unha completa folla de cálculo, onde rexistran os modelos entrantes, os provedores os custos.", explica Óscar López, profesor de Matemáticas no IES Sofía Casanova.

 "Eu comecei en cartelería, en publicidade. Pero despois o profesor ascendeume a dirección xeral", cóntanos Zaid Ayadi, alumno de 4º da ESO.

"Eu non imaxinei que isto ía ser tan grande. Case sen darnos conta imos aprendendo moitos conceptos económicos", dixo Lara Fernández, alumna de 4º.

 "Por exemplo, dinme conta de que as ofertas se fan cando un produto non se vende ben. Para poñer outro no seu espazo báixanlle o prezo", desvela Sebastán Ionut, alumno de 4º.

 "Creo que isto non permite tomar conciencia de como funciona o mundo da empresa, e iso é moi valioso cara ao noso futuro", di Enma Cid, alumna de 4º.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade