Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os votantes poderán identificarse na mesa electoral a través do DNI dixital

Os votantes poderán identificarse na mesa electoral a través do DNI dixital

O dispositivo electoral para o 29-N avanza tamén na accesibilidade para persoas con dificultades

G24.gal 24/11/2026 14:28

Todo a punto para poñer en marcha a maquinaria electoral. Un dispositivo que este ano presenta novidades. Por primeira vez será posible identificarse na mesa electoral a través do DNI dixital.

"Non tes máis que abrir esa aplicación e mostrarlla ao presidente da mesa. El terá un terminal que se lle entregará por parte do servizo de correos e, unha vez identificado, permíteche exercer o teu dereito ao voto", explica o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Avánzase tamén en accesibilidade. Hai 350 solicitantes de votación a través do sistema braille que, nesta ocasión, recibiron no seu domicilio a documentación que permite identificar as diferentes candidaturas. Ademais repartíronse uns 8.500 carteis de sinalización nos locais electorais para facilitar a orientación das persoas con dificultades de comprensión.

"Falamos dun esforzo humano e loxístico para que os galegos e galegas poidan votar con todas as garantías. O noso obxectivo é que o domingo este dereito fundamental se desenvolva con normalidade", di o delegado do Goberno.

Para conseguilo está en marcha un completo dispositivo de seguridade formado por 7.700 efectivos da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local. E máis de 2.500 representantes da Administración Xeral do Estado, que se encargarán de atender as posibles incidencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade