Publicador de contidos

Publicador de contidos

A carne de caza regresa ás cartas dos restaurantes especializados

A carne de caza regresa ás cartas dos restaurantes especializados

Adobos durante dous días e unha cocción a fogo lento fan que a carne quede tenra e con moito sabor

Os guisos tradicionais de xabaril ou corzo mestúranse con receitas máis novas coma filetes rusos de veado

 

 

G24.gal 12/11/2026 18:56

A quen lle guste a caza ou teña curiosidade por probala está de parabéns, estamos no tempo.

Novembro é o mes por excelencia da caza en Galicia e diversos restaurantes organizan xornadas gastronómicas dedicadas a exaltar estas carnes, con receitas tradicionais e outras máis novas. 

O asador Hombreiro conta cunha clientela fiel. "A maioría da xente ven dende que as levamos facendo", comenta Eva María Vidal, unha das propietarias e responsable do restaurante. 

Os cogomelos e as castañas son os acompañantes por excelencia dos pratos de caza

Funciona o boca a boca e a curiosidade que espertan receitas máis novidosas como as que preparan no restaurante Campos, para atraer cada vez a máis público.

Ademais das croquetas e costela de xabaril, ofrecen canelóns de confit de pato e filetes rusos de veado,  unha das novidades que ideou o cociñeiro principal Steven Cortina. Trátase de carne está rechea de foie, lacada cun zume de caza e unhas verduras que "está a ter aceptación".

O restaurante da rúa Nova celebra este ano as 57 Xornadas da Caza e no menú non poden faltar as receitas máis tradicionais, entre as que se atopan as de Dona Amparo, que facía a perdiz á cazadora, a lebre á bordalesa ou o corzo tres bispos, que é asado e guisado nunha salsa súa.

Entre as diferentes salsas que acompañan ás carnes, sorprende a de chocolate para a lebre

Á cociñeira Eva María Vidal sorpréndelle a aceptación que tivo a lebre porque lle botan chocolate. "Non llo notas, pero vai preparada con chocolate".

Tras longos adobos, co viño branco para o coello e a perdiz, tinto para o xabaril ou a lebre, a cocción debe facerse de maneira lenta para que a carne estea no seu punto. As présas para cociñar a caza, fóra. 

"É moi delicado, teslle que dar moito agarimo", destaca Eva María Vidal do restaurante Hombreiro. Para Steven Cortina, do restaurante Campos é "tempo e cariño é a caza, para min".

As xornadas gastronómicas dedicadas á caza desenvólvense dende novembro ata o Nadal.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade