Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ordenan o cesamento total de actividade a Núcleo Nacional e o peche das súas sedes

Ordenan o cesamento total de actividade a Núcleo Nacional e o peche das súas sedes

A xuíza tamén bloqueou o contido dixital dos seus perfís en redes sociais tras a detención de 14 dos seus membros o pasado venres

Algúns dos membos de Núcleo Nacional tras a súa posta en liberdade. EFE Algúns dos membos de Núcleo Nacional tras a súa posta en liberdade. EFE
G24.gal 12/11/2026 17:49

A xuíza decretou o cesamento total de actividade da organización neonazi Núcleo Nacional (NN) e o peche das súas sedes en Madrid, Burgos e Valladolid, así como o bloqueo do contido dixital dos seus perfís en redes sociais tras a detención de 14 dos seus membros o pasado venres.

Ademais impuxo ás detidos medidas cautelares como a retirada do pasaporte, a prohibición de saída de territorio nacional e a presentación semanal perante o xulgado, segundo informou a Dirección Xeral da Policía este xoves.

14 detidos e 12 rexistros 

No marco do operativo policial do pasado venres, a Policía Nacional detivo a 14 integrantes da organización en Madrid (5), Valladolid (2), Asturias (3), Guadalaxara (1), Caldas de Reis (1), Burgos (1) e Alacante (1) e practicou 12 rexistros, entre eles, a sede central da formación en Madrid.

Aos arrestados imputoulles os delitos de asociación ilícita e odio contra distintos colectivos vulnerables e de ideoloxía antagónica.

No marco desta operación, a Policía interveu numeroso aparato de corte radical supremacista, máis de vinte armas de fogo, gran cantidade de munición, multitude de armas prohibidas (armas brancas, táseres, defensas extensibles…), escudos -un deles táctico- e numerosos obxectos contundentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade