Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca a temporada de caza menor, que se estenderá ata o 6 de xaneiro

Arranca a temporada de caza menor, que se estenderá ata o 6 de xaneiro

En Galicia hai 42.000 cazadores con licenza e poderán saír xoves, domingos e festivos 

G24.gal 19/10/2026 14:35

Os cazadores tiñan marcado o 18 de outubro no calendario: o primeiro día da tempada sempre é especial para eles, e moitos o aproveitaron. Calculan que máis de 20.000 saíron ao monte para botar os primeiros lances e inaugurar a tempada de caza menor.

"O tempo acompañou, e iso que o vento e a seca lastraron algo as capturas", di Antón Arrojo, voceiro da Federación Galega de Caza.

Para el, foi un día de "luces e sombras". No positivo, houbo tecores con bastante densidade de caza. Nas "sombras", a perda de hábitats no monte. Explica que, co abandono do rural, foise perdendo o hábitat das especies de caza menor. Aquí houbo sempre dúas estrelas, a perdiz e o coello. Preocupa máis o descenso deste. 

"O coello é o que nos está fallando máis nos últimos anos, ben pola perda do seu hábitat, ben por enfermidades. É o cabalo de batalla que temos en canto á recuperación", di Arrojo.

Nas últimas décadas, o panorama cambiou moito para os afeccionados á caza menor. Perdéronse os hábitos e os hábitats agrícolas, e perdéronse cazadores: se hai vinte anos eran máis de 80.000 con licenza, hoxe son a metade. E teñen que investir tempo, traballo e cartos para repoboar os montes. 

"As sociedades de caza fan un traballo de xestión, tanto de repoboacións como de rozas e sementeiras para facer mosaicos no territorio e que poidan vivir as especies de caza menor", di Arroxo. "Estou completamente seguro que, de non ser por eses traballos, os censos das especies estarían moitísitmo peor", engade. 

Pide máis axuda para eses traballos de xestión, di que os esforzos van dando resultados, e toca mantelos.

"Moitas das sociedades de caza agora teñen cotas para que a caza menor aguante toda a tempada -di Arrojo-. O cazador agora xa non vai por traer máis pezas ou trofeos para a casa, vai por desfrutar dos cans, gozar dos lances, e o que quere é facelo durante máis xornadas".

Poderán saír practicar xoves, domingos e festivos ata o próximo 6 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade