Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno e dez comunidades pactan unha licenza común de caza e pesca continental

O Goberno e dez comunidades pactan unha licenza común de caza e pesca continental

Os permisos terán un ano de validez e un custo fixo de 70 euros para as de caza e 25 euros para as de pesca en augas interiores de Galicia, Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Castela e León, Comunidade Valenciana, Estremadura, Madrid, Asturias e Murcia

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 10/03/2026 10:12

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asinou un convenio con Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Castela e León, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Madrid, Asturias e Murcia para o establecemento das licenzas interautonómicas de caza e de pesca en augas continentais.

O acordo, publicado este martes no Boletín Oficial do Estado, permite á persoas cazadoras e pescadoras practicar estas actividades en todo o territorio abarcado polas autonomías asinantes utilizando unha única licenza, sen necesidade de realizar trámites individuais en cada comunidade.

O convenio substitúe o marco legal de 2017 e, segundo resaltou Agricultura nun comunicado, "supón un avance moi significativo ao incorporarse as comunidades de Castela-A Mancha e Andalucía, que non subscribiron o anterior".

O acordo establece un marco de colaboración técnica e económica para facilitar a mobilidade dos usuarios.

As licenzas que se expidan terán un ano de validez e un custo fixo de 70 euros para as de caza e 25 euros para as de pesca en augas interiores.

As inhabilitacións por infraccións nunha comunidade serán compartidas automaticamente en todas as demais.

A operatividade do sistema apóiase na plataforma Licicaz-web, desenvolvida e mantida polo Ministerio, que permite un intercambio automático de información entre as administracións e permite aos técnicos xestionar altas, baixas e verificar requisitos en tempo real.

Segundo Agricultura, "esta medida non só reduce a burocracia, senón que garante unha xestión sostible e compatible co dinamismo económico das zonas rurais", e responde aos principios de eficacia e eficiencia no uso dos recursos públicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade