Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno ultima un decreto contra os desafiuzamentos que o PP considera insuficiente

O Goberno ultima un decreto contra os desafiuzamentos que o PP considera insuficiente

Pedro Sánchez apura as negociacións con Junts, Sumar e Podemos 

O Partido Popular propón aumentar a oferta, mobilizar solo e reducir as trabas administrativas para construír máis vivendas

G24.gal 27/09/2026 15:00

O executivo apura durante esta fin de semana as negociacións cos grupos parlamentarios para pechar un acordo de mínimos que lle permita contar cos apoios necesarios no Congreso para sacar adiante o decreto da vivenda. Novas medidas, din, para reforzar a protección das persoas vulnerables.

"Empezar a aliviar da situación de emerxencia habitacional que viven moitos colectivos vulnerables. E pido aos grupos parlamentarios que fagamos un último esforzo para que sexa validado no Parlamento porque non é unha cuestón de ideloxías. É unha cuestión de humanidade", defendeu o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante un acto en Xetafe. 

Algo que mantén a día de hoxe o enfrontamento entre os socios do Goberno e a oposición. Sumar reclama medidas máis contundentes e Junts medidas concretas que beneficien os pequenos propietarios.

"Pero que isto non o mesture como fixo coas pensións, con medidas que o que fan é criminalizar os pequenos propietarios. Que non poña pisos en alugueiro e a xente nova teña máis problemas", di o secretario xeral de Junts, Jordi Turull.

Podemos reclama tamén un decreto máis ambicioso e cuestiona que o Goberno estea a negociar con Junts.

" Esta mobilización non remata cun real decreto, non remata cun parche. Necesitamos expropiar as vivendas aos fondos voitre. Necesitamos que as casas sexan para vivir. Prohibir a especulación" aseguraba a secretaria política de Podemos, Irene Montero.

Mentres, o Partido Popular propón aumentar a oferta, mobilizar solo e reducir as trabas administrativas para construír máis vivendas.

 "Uns intentamos poñer solucións, traballamos, xestionamos e facemos propostas para solucionar os problemas; e outros só buscan o choque. E a xente nova xa non pode máis e pon o foco sobre Sánchez. El é o responsable",  afirma Juan Bravo, vicesecretario de Facenda, Vivenda e Infraestruturas do PP.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos