Cargando resultados...
Último día de sondaxes de cara ás eleccións do 29N
G24.gal
23/11/2026 07:46
Este luns será o último día no que se poderán publicar sondaxes para as eleccións xerais do 29N, despois de varias semanas de enquisas que na súa maioría prognostican unha vitoria do PP, que lle permitiría alcanzar a maioría absoluta se pacta con Vox.
A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral establece, no seu artigo 69, que "durante os cinco días anteriores ao da votación queda prohibida a publicación e difusión de sondaxes electorais por calquera medio de comunicación". Neste caso, os cinco días van do 24 ao 28 de novembro.
O obxectivo é evitar que unha enquisa de última hora inflúa no voto sen tempo de contraste.