Publicador de contidos

Publicador de contidos

As enquisas coinciden na maioría absoluta para o PP con Vox e estréitanse as marxes entre Feijóo e Sánchez

As enquisas coinciden na maioría absoluta para o PP con Vox e estréitanse as marxes entre Feijóo e Sánchez

Catro sondaxes divulgadas este domingo situán a maioría para os partidos de Feijóo e Abascal arredor dos 190 escanos

A tendencia do PSOE é a de achegarse ao PP,  pero a Fronte Ampla non logra despegar

G24.gal 22/11/2026 13:19

La Voz de Galicia destaca que a diferenza nestes momentos de Núñez Feijóo sobre Pedro Sánchez é de 12 escanos. Sitúa o Partido Popular con 124 deputados, a Vox con 68 (entre os dous conseguirían 192), o PSOE con 112 e a Fronte Ampla con 8 representantes. En Galicia serían 14 para os populares, 7 lograrían os socialistas, 2 para o BNG e Vox quedaría sen representación.

Salienta El País que "o PSOE aloumiña o empate co Partido Popular" no ultimo cómputo. Figura o PP cunha media de 133 escanos, mentres que o PSOE lograría 125; Vox figura con 54 e a Fronte Ampla quedaría con 5.

La Vanguardia coincide con El País en que o PSOE se achega ao PP pero a dereita suma unha maioría absoluta. Ao partido de Feijóo outórgalle 127 cadeiras no Congreso e a Vox 63 (xuntos chegan aos 190 escanos). Na outra banda, o PSOE lograría 119 e a Fronte Ampla 6, que serían 9 engadindo os votos a Compromìs na Comunidade Valenciana.

A interpretación de El Mundo é que o PP e PSOE gañan apoios e que a dereita fixa a súa vantaxe. O PP obteria entre 126 e 132 deputados, o PSOE de 112 a 118, Vox entre 57 e 62 e aquí a Fronte Ampla é onde figura con mellores resultados: de 9 a 12 escanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade