Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mellores cans de caza danse cita en Melide na Supercopa Galicia de Rastro de Xabaril

Os mellores cans de caza danse cita en Melide na Supercopa Galicia de Rastro de Xabaril

Un cento de cazadores de toda España participaron nas probas da que está considerada a competición máis importante de España nesta disciplina

Os participantes competiron en catro campos habilitados no couto do Pilar nunha proba sen morte

G24.gal 18/04/2026 13:39 Última actualización 18/04/2026 14:10

O couto do Pilar en Melide foi o marco das probas desta edición da Supercopa Galicia de Rastro de Xabaril, unha das probas mais importantes de España nesta disciplina e un punto de reunión para os amantes deste deporte.

"Veñen case todos en familia, chegan un día antes e pasan aquí toda a fin de semana. É unha forma que temos de ensinar Galicia.", explica Tono Méndez, o organizador da proba.

"De Comillas, en Cantabria. Veño todos os anos á proba, por estar aquí cos amigo e pasalo ben.", afirma un dos participantes. 

"Os campos están bastante ben igualados, o clima este ano favorécenos, polo menos non chove nin fai vento como outros anos . Un montón de xente aquí gozando do noso deporte e despois virá o almorzo que é tamén moi importante.", engade outro.

Un cento de cazadores de toda España sairon ao monte a demostrar as habilidade de rastrexo dos seus cans.

"O monteiro leva un can atado, en nigún momento se solta ao can. Nós facemos uns rastros e o can ten que ir indicando por onde pasou o xabaril.", di Méndez.

"Sabuesos, grifóns, astur-cántabros... son os que máis... pero non hai ningunha raza en concreto mellor que as outras. Os bos son os que funcionan."

A maiores da competición organizaron unha proba xuvenil para os rapaces que se están a iniciar no mundo da caza.

"Unha pequena proba que non é puntuable para os nenos, para que poidan entrar en contacto co mundo cinexético.", conta o organizador da proba.

A organización repartiu máis de 8.000 euros en premios entre os mellor clasificados na proba. O próximo sábado celebrarase a segunda xornada do campionato para os cazadores da comarca.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade