Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viaxar cos cans por Galicia sen preocuparse de nada

Viaxar cos cans por Galicia sen preocuparse de nada

Viaxar coas mascotas non sempre é doado e require de moita busca

Ademais de atopar aloxamentos que admitan animais de compañía, tamén hai que ter en conta que restaurantes admiten o seu acceso e que plans de lecer permiten que toda a familia desfrute xunta

G24.gal 11/09/2026 15:22

Son un membro máis da familia e para moitos un compañeiro de viaxe irrenunciable. Porén, non sempre é doado desprazarse con eles, sobre todo no caso de cans cun certo tamaño.

Ángeles Paz viviu as dificultades en primeira persoa, e por iso creou unha empresa especializada en viaxes con cans: Rekunchos Caninos. Inclúen unha organización completa. Comproban directamente os aloxamentos, os resturantes ou os bares que inclúen nos seus plans.

Din que as actividades teñen que ser para que desfruten xuntos humanos e cans. Polo momento esta axencia centra os seus destinos en Galicia, con itinerarios personalizados sobre todo nas Rías Baixas, na Costa da Morte e na Ribeira Sacra.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade