Quedaron tirados o 14 de agosto nas Cíes e tiveron que pagar unha viaxe en lancha de 400 euros
A navieira inicialmente non lles quixo devolver a metade do billete, pero hoxe semella máis preto unha compensación económica
Tres mozos de Vigo quedaron tirados nas Cíes o pasado 14 de agosto. Pagaron 27,5 euros a Mar de Ons por cada unha das pasaxes ida e volta ao arquipélago. E ás nove da noite cando ían coller o barco de volta decatáronse de que estaba anulado.
Tentaron contactar coa navieira pero non lles deron solucións e como tiñan certa urxencia acabaron contratando unha lancha que os trouxo a Vigo pro catrocentos euros.
Segundo din a navieira ata hoxe non lles quixo nin devolver a metade do billete da compañía que non usaron. Tras a presión en medios e a denuncia en consumo na Xunta de Galicia o problema semella estar en vías de solución.
A navieira solicitáballe o IBAN da súa conta bancaria a media mañá de hoxe a un dos afectados: Antón Entenza.