Cargando resultados...
Seguimos enviando postais?
Na era dixital da mensaxe inmediata enviar unha postal parece case unha viaxe ao pasado
Pero entre WhatsApp e redes sociais hai quen aínda elixe escribir unhas liñas á man, poñer un selo e deixar que o recordo viaxe por correo
G24.gal
17/09/2026 20:40
Seguen tendo o seu espazo en tendas e papelerías, onde se seguen vendendo con moita frecuencia. Iso si, non todas acaban na caixa de correo, moitas cómpranse como recordo, para coleccionar ou para decorar.
No que todos están de acordo é precisamente no seu carácter especial.
Nos destinos turísticos atopamos expositores cheos de paisaxes e monumentos. Para moitos segue sendo parte do ritual de calquera viaxe.
Nun mundo en que todo chega ao instante, enviar unha postal é dalgunha maneira regalar un pouco de tempo.