Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha cápsula do tempo nunha tenda maragata en Cospeito

Unha cápsula do tempo nunha tenda maragata en Cospeito

Un inmoble centenario á venda no centro da Feira do Monte conserva o negocio exactamente igual que cando pechou as súas portas

A tenda fora aberta pola familia Nistal a comezos dos anos 20
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas. 17/09/2026 20:27

En pleno centro da Feira do Monte, na capital de Cospeito, encóntrase unha casa centenaria que é toda unha cápsula do tempo. No baixo hai unha tenda maragata que se conserva co mesmo aspecto que tiña hai máis de medio século, cando pechou as súas portas. Ten todos os detalles de época propios dun ultramarinos que comezara a funcionar nos anos 20. 

"Consérvase tal cal estaba xusto cando se cerrou, no ano 70. Os propietarios conservárona e mantivérona tal cal está agora. Podemos ver, por exemplo, as balanzas, papel de envolver, as caixas de galletas ou as latas de aceite tal como viña antes o produto, cando se vendía practicamente todo a granel", sinala o axente inmobiliario Miguel Yáñez

A parte superior, con cinco estancias espaciosas, tamén semella propia dun museo. Agora, a única herdeira da coñecida como Casa dos Nistal decidiu poñer á venda o inmoble, cun gran potencial como vivenda particular, como hotel ou como restaurante. 

Detalle do balcón da primeira planta da casa Detalle do balcón da primeira planta da casa

"Que se pode facer? Un hotel con encanto, un restaurante, unha casa grande, porque ademais ten cinco cuartos arriba", destaca o responsable de Cospeito Inmobiliaria

Con máis de 300 metros cadrados e fachadas para dúas das principais rúas desta vila chairega, a casa véndese por 140.000 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade