Cargando resultados...
Volver facer deporte: un dos principais retos no comezo do curso
Practicar deporte e volver ao ximnasio son os novos propósitos da maioría
G24.gal
28/08/2026 20:55
Última actualización 28/08/2026 21:29
O inicio do curso en setembro é para moitos un tempo novo inzado de novos propósitos e plans.
Estudar algo, comer mellor, consumir máis cultura, pero sobre todo facer máis deporte son os obxectivos para o vindeiro mes.
Desde entrar nun coro, ata empezar unhas prácticas ou aprender unha nova disciplina. O comezo do curso escolar chega cheo de novos propósitos.
Sobre todos eles, o deporte e a volta ao ximnasio son os máis repetidos.
Nos novos centros deportivos recomendan buscar unha disciplina que nos guste e optar pro grupos pequenos ou adestradores persoais aos que é máis difícil latar as clases..