Maís de 60.000 turistas visitaron Galicia no tren de luxo Transcantábrico desde que empezou a circular
Maís de 60.000 turistas visitaron Galicia no tren de luxo Transcantábrico desde que empezou a circular
Fai a viaxe entre San Sebastián e Santiago, con paradas en Ferrol, Viveiro e Ribadeo
Foi o primeiro tren turístico de luxo en funcionar en España. Renfe púxoo en circulación en 1983, facendo a ruta entre San Sebastián e Santiago. En Galicia fai paradas en Ribadeo, Viveiro, Ferrol e Compostela. Unha viaxe de oito días que pon en valor a paisaxe, a cultura e tamén a gastronomía da comunidade.
"Temos dous cociñeiros que hoxe, cando chegamos a Ribadeo, baixaron para coller o produto fresco e exquisito de Galicia, para cociñalo para os viaxeiros", di Gonzalo Pastor, o portavoz de Trens Turísticos de Renfe.
En 43 anos de historia, o Transcantábrico fixo máis de 2.000 viaxes e trouxo máis de 60.000 turistas a Galicia. A maioría, o 70 por cento, estranxeiros e dun alto poder adquisitivo.
Di o portavoz de Trens Turísticos de Renfe que eles son os mellores embaixadores de Galicia, que cando regresan aos seus lugares promocionan a comunidade, e que moitos, cando chegan a Santiago, pasan varios días no Hostal dos Reis Católicos.
O Transcantábrico circula de marzo a outubro. Non é asequible para todos os petos, pero as reservas para o ano que vén está prácticamente completas.