Publicador de contidos

Publicador de contidos

Posta en marcha oficial do Camiño do Litoral: 52 etapas pola costa da Guarda a Ribadeo

Posta en marcha oficial do Camiño do Litoral: 52 etapas pola costa da Guarda a Ribadeo

Alfonso Rueda destaca o potencial desta ruta como atractivo turístico e para dinamizar a economía dos 78 concellos que atravesa

Conta con 1.300 quilómetros para facer a pé ou en bicicleta

Rueda e a conselleira de Medio Ambiente percorreron en bicicleta un treito do Camiño do Litoral en Ribadeo
G24.gal 28/08/2026 17:19

A Xunta pon en marcha oficialmente o Camiño do Litoral, unha ruta de 1.300 quilómetros para facer a pé ou en bicicleta dende Ribadeo ata A Guarda, tras completar a sinalización da ruta polos 78 concellos polos que pasa.

O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, fixo este venres en bicicleta un treito da senda por Ribadeo para animar a galegos e turistas a facer esta ruta que axudará, di, a dinamizar a economía das vilas costeiras.

A primeira etapa do Camiño do Litoral podemos descubrir a arquitectura indiana de Ribadeo dende a súa costa, a Illa Pancha e o seu excepcional miradoiro sobre o Cantábrico ata rematar na praia das Catedrais seguindo a ruta a través dunha aplicación móbil con toda a información sobre a oferta patrimonial e hostaleira.

O presidente da Xunta afirmou na súa intervención que agardan que sexa un atractivo turístico na zona, como xa é o Camiño de Santiago polo norte.

Alfonso Rueda insistiu en que "é posible vivir do litoral e no litoral, conservando os seus tesouros sen renunciar a actividade económica". O xefe do Goberno galego indicou tamén que este verán está deixando bos datos de visitantes e criticou as mensaxes de turismofobia.

"Pedimos que se respecte a nosa forma de vivir, pero abrimos os brazos a unha fonte de riqueza que, con sentidiño, ten que seguir medrando", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade