Por cuarto curso consecutivo, Galicia lidera a escolarización de 0 a 3 anos
A nosa comunidade está doce puntos por riba da media de España
Europa Press
Galicia mantén o liderado na taxa de escolarización de 0 a 3 anos por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Nun comunicado e con base nos datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-20267, a Xunta destaca que se consolida este primeiro posto, con 14 puntos por encima da media nacional.
Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %.
O novo curso, que comezará o próximo 7 de setembro, será o quinto no que as familias non pagarán nada pola atención educativa dos seus fillos, vaian a unha escola 0-3 pública, de iniciativa social ou privada.
A Xunta destina 68 millóns de euros de fondos propios a financiar a gratuidade, da que se poden beneficiar máis de 32.000 familias.