Botellas para aprender a beber nos primeiros anos de vida
En tendas especializadas, a partir do ano e medio ou dous anos, as opcións diversifícanse
Nas escolas infantís sábeno ben. A introdución dun recipiente para beber pode converterse en todo un proceso de aprendizaxe.
Manuel Iglesias da tenda especializada Úpala Shops, de Cambre, amósanos unha botella que "ten unha boca de silicona, branda e con antipingas para que se o neno lle dá a volta non lle bote a auga por riba".
Belén Pernas, da tenda de produtos infantís Tatahuete da Coruña, matiza que "se son bebés de peito normalmente o das tetinas na boca non lles gusta nada. Entón hai outras opcións como a que ten un aro de 360º que permite que cando o bebé achega os beizos a tapa bascule".
En tendas especializadas, a partir do ano e medio ou dois anos, as opcións diversifícanse.
"Por exemplo botellas das de fluxo libre teñen un sistema de beber moi parecido a un vaso normal. É máis doado para eles e non interfiren nin coa dentición nin coas enxivas", sinala Manuel de Úpala Shops.
Belén de Tatahuete engade que "hoxe en día imos todos máis enfocados ao fluxo libre porque está máis que demostrado que beber por palliña todo o tempo non é demasiado axeitado".
Para as familias a escolla non depende só da idade. "Principalmente vaoro o peso e tamén a seguridade e por iso adoitamos empregar as de aceiro". "Basciamente escollemos as que son de aceiro inoxidable para que aguantara a calor e o frío".
Sexa cal sexa o material elixido, aconsellan comprobar o seu uso alimentario.