Galicia incorporará 900 profesores máis en secundaria para o novo curso
O Consello da Xunta aprobou destinar 6 millóns de euros para mercar ordenadores portátiles para o alumnado e outros 47 millóns de euros para manter a gratuidade das escolas infantís
O Consello da Xunta autorizou incorporar o vindeiro curso escolar 2026-2027 900 profesores máis na etapa de Educación Secundaria, co obxectivo de garantir unha atención aos alumnos máis individualizada e ter un aumento da diversidade nas aulas, que permitirá que conten con máis tempo para tarefas complementarias da ensinanza (atención ás familias, gardas, proxectos educativos sobre tecnoloxía ou idiomas).
Co obxectivo de reforzar a a atención ao alumnado con necesidades especiais, desde 900 novos profesionais en secundaria, 100 serán especialistas en pedagoxía terapéutica e 50 orientadores.
O Goberno galego tamén aprobou destinar case 6 millóns de euros a mercar máis de 8.000 novos ordenadores ultraportátiles para o alumnado, continuando a aposta por un modelo de ensino híbrido no que se adquiran competencias dixitais sen renunciar aos métodos tradicionais.
Tamén no eido educativo, o Executivo deu luz verde a unha nova orde de axudas por valor de 47 millóns de euros para blindar a gratuidade nas escolas infantís de iniciativa social e nas privadas no próximo curso.