Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan flores e plantas de temporada ás florerías e aos postos nas prazas de abastos

Chegan flores e plantas de temporada ás florerías e aos postos nas prazas de abastos

A esterlicia, os ciclaminos e as xerveras son algunhas das máis fermosas e coloridas

Tamén destacan o crisantemo, o brozo, as azaleas e o pensamento

Poñen cor ás nosas casas e xardíns xa de cara ao outono

G24.gal 05/09/2026 16:15

Comezou setembro e iniciouse tamén a temporada de flores e plantas. A esterlicia, os ciclaminos e as xerveras son algunhas das máis fermosas e coloridas.

O verán comeza a despedirse, e aínda que hai moita variedade de flores e plantas, moitos buscan xa nas prazas de abastos, nas florerías ou en viveiros, flores e plantas máis de temporada... as propias do mes setembro e moitas que comezan agora a florecer.

"Agora comeza vir a esterlicia, á que lle se chame ave do paraíso, comeza vir a folla de roble e o crisantemo. A margarita tamén se vende ben, tamén comeza a vir o brozo, as azaleas , a ciclamino e o pensamento", di  Betariz Rodríguez, florista.

O ciclamino, as xerveras, as azaleas, os crisantemos... empezan a ter xa o seu público nesta época do ano

"O que compro son as azaleas que están ben bonitas e as semprevivas"

"Eu sempre merco as semprevivas, aguántamenme ben", din algunhas clientas.

Visitamos tamén o Viveiro Compostela.

"Imos xa de cara o outono cos ciclámenes, cunha gama de cores moi ampla e aguantan as plantacións ata xaneiro ou febreiro. Tamén poderiamos falar das gardenias, das azaleas", engade Ofelia Vieites, propietaria e responsable de produción de Viveiros Compostela.

Son especie asociadas habitualmente aos meses de outono e que, grazas á súa floración, permiten manter casas, terrazas e balcóns cheos de cor, cando outras empezan a despedirse da temporada.

 

 

 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade