Galicia xa ten coidadores de gatos a domicilio
O gato é moi territorial e están mellor na súa casa de sempre
Cada vez convivimos máis coas nosas mascotas e precisamos de axuda para coidalas.
Acaba de crearse en Galicia unha asociación de coidadores de gatos a domicilio con xa once membros, o que se deu en chamar ´catsitter´.
Estivemos con Laura de la Antonia, unha das que traballa en Vigo desde 2022.
Acudimos a Coruxo a casa dunha das clientas de Laura.Tamara ten tres gatos : Monchito, Meiga e Dafne. Xa coñecen a súa coidadora. Cando a súa dona estivo de lúa de mel . Foi ela quen as coidou na casa.
Ponlles a comida, cámbialles a area e tamén xoga e socializa con eles.
Formouse online e sempre lle gustaron os gatos. Convive con once deles que teñen unha calidade de vida envexable.
A forma de ser dos gatos fai que sexa mellor para eles ser coidados nas casas, porque son moi territoriais e botan moito de menos. Profesionais como Laura fan que a ausencia dos donos sexa menos dura para estas mascotas, máis tímidas e caseiras que os cans.