Un corzo orixina o terceiro accidente no que vai de mes na N-640, en Castro de Rei
Os veciños confirman a constante presenza de corzos e xabaríns
Denuncian a excesiva velocidade á que pasan os vehículos
Este punto da estrada Nacional 640, a altura de Viladonga, volveu ser escenario nas últimas horas dun novo sinistro de tráfico.
"A señora que conducía dixo que se lle cruzara un corzo e o motorista que ía detrás deulle e estaba tirado na estrada".
Os veciños confirman a constante presenza de animais salvaxes o que orixina moitos dos sinistros.
"Nesta carretera hai moita caza e xabaríns e corzos, é un perigo". "Corzos e xabaríns hai e en calquera momento saen á carretera e orixinan un freazo".
Na zona rexistráronse no que vai de mes tres sinistros graves. Asunción foi vítima dun deles e,aínda coa cara enegrecida, apunta no seu caso á falta de visibilidade.
"Mirei cara Lugo e non viña nadie e mirei para Meira e viña un matrimonio e cando ía mirar para Lugo outra vez xa non me deu tempo. Pero non pasou nada para o que puido ser".
"Este ano hai moitos accidentes e vin tres en menos dun mes".
Pero detrás de tantos accidentes hai tamén moitos factores e os veciños queixanse tamén da velocidade. Din que non se respeta os límites que ademais consideran altos en zonas con moitas vivendas.
"Temos a 90 e noutras zonas con casas teñen a 50 ou a 60, aquí tamén debía estar limitado así".
"En zonas con casas pegadas á carretera había que ter outra limitación de velocidade".
"Esta carretera é moi perigosa, fíxate como pasan os coches".
"Eu poño o control de velocidade e non me movo del e escoito pasar a outros a toda velocidade".
Os veciños urxen medidas para estre treito que une Lugo con Meira e que está sinalizado como tramo de concentración de sinistros especialmente perigoso.