Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mulleres feridas en Carballo nunha lea entre familiares

Tres mulleres feridas en Carballo nunha lea entre familiares

Hai denuncias cruzadas e partes de lesións tras a pelexa en plena zona de ocio

Nai e filla denuncian agresións e acoso dende hai meses por parte da súa propia familia: "temos medo"

 

G24.gal 12/10/2026 14:19

Todo apuntaba a unha pelexa máis, das que hai na zona de ocio cada fin de semana.

"Houbo golpes e parece que un tiña un coitelo. Foron para o centro médico pero é normal, pasa cada fin de semana, tanto na Rúa Ourense como na da Estrela", denuncia un veciño.

Pero esta vez, foi distinto. Conflito familiar, enfrontamento entre tía e sobriña, con apoios. 

"Saíronme correndo dende Abanca e miña tía dirixiuse a min enganchándome, forcexamos, a súa parella meteuse, doume unha patada nas costas, tiroume contra o borde da beiravía, miña tía seguiume pegando e cando me levantei, a súa parella púxome algo no lombo, que non sei se era unha navalla", denuncia Erika Botana, unha das vítimas.

Hai denuncias cruzadas e as tres mulleres con partes médicos por lesións.

"Teño o golpe no beizo, os golpes son todos internos no costado, dóenme as costelas ao respirar, o pescozo que non son capaz de dobralo cara un lado, púxome unha arma que se non chegaran os gardas, non sei que sería de min", engade a moza.

"Estaban a miña nena e máis unha prima, que é menor de idade, e á que tamén agrediron", lamenta María del Mar López, súa nai.

"Eles tamén me denunciaron a min porque eu si agredín a miña tía pero é normal porque se che veñen a pegar, non vas quedar quieta porque esa xente non pega a man limpa. Eu non sei o que pode levar enriba", deféndese Erika.

Todo empezou en abril por rencillas entre irmáns

"Dende que meu irmán nos veu pegar á miña casa, nos ameazan e acosan. Tiven que marchar do Carrizal, que era onde vivía e aínda asi non lles chega", quéixase a nai.

O irmán ingresou no cárcere e dende aquela sofren, segundo denuncian, o acoso e derribo por parte do resto do clan.

"Eles adícanse a amezarnos, perseguirnos, dinnos que saquemos a denuncia ou que nos van enterrar. Pasan por aquí todos os días e non sei o que levan no coche porque xa tiveron pelexas con armas brancas, con pistolas, ...", coincide a moza agredida. 

Son, segundo elas mesmas din, xente violenta. E esa violencia tamén lles vai de volta. Hai uns meses, noutra terraza de Carballo, un coñecido rompeulle os brazos cun pao ao mozo que agora agrediu a Erika. Din que o fixo para defender á súa parella.
Toda unha espiral de odios e vinganzas que pinta mal. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade