Detido en Lugo un home tras agredir a unha auxiliar de enfermería no hospital
O home foi arrestado como presunto autor dun delito de atentado a funcionario público
O individuo era o acompañante dun paciente e cando a auxiliar se dispoñía a atender o seu familiar, comezou a golpeala. Tamén tentou agredir a outra enfermeira
Hospital Lucus Augusti
A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir a unha auxiliar de enfermería no hospital Lucus Augusti, mentres a profesional sanitaria trataba de atender a un paciente.
Segundo informou a Policía, o home era o acompañante dun doente e cando a auxiliar se dispoñía a atender ao seu familiar, comezou a golpeala.
A pesar de intentar saír do cuarto, o home impediullo, logrando ela pulsar o timbre e pedir axuda.
Tras esa chamada de aviso, unha enfermeira foi ao cuarto, onde atopou ao home suxeitando polo pescozo á súa compañeira. O individuo intentou agredir a esta segunda muller, que logrou evitar o golpe.
O home foi detido como presunto autor dun delito de atentado a funcionario público.