Detido tras agredir un home ao que deixou ferido de gravidade nun bar de Ferrol
Parece que o agresor acosaba unha camareira e cando un cliente tratou de defendela foi agredido polo detido
Un home resultou ferido de gravidade tras ser agredido nun bar de Ferrol. O que transcendeu é que aconteceu nun bar da rúa Perbes conta as 23:30 da noite do domingo, minutos antes do peche do establecemento. Un home entrou no local e comezou a acosar a camareira. Un dos clientes habituais que había no interior saíu na súa defensa e resultou agredido.
O suposto acosador, tras romper unha botella de cervexa, cortoulle unha orella e tamén lle fixo varios cortes na cara provocándolle unha hemorraxia. De inmediato foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e foi de operado de urxencia.
O presunto agresor, malia que nun primeiro momento fuxiu do lugar dos feitos, foi localizado de detido por un delito de lesións. Está previsto que a pase a disposición xudicial nas próximas horas.